Vivir en España - Migracións
Vivir en España
Queres vivir en España?
Se es un cidadán ou cidadá da Unión Europea, de Islandia, Liechtenstein, Noruega ou Suíza e non coñeces as túas posibilidades para vivir en España como cidadán ou como familiar de cidadán dalgún destes países, neste apartado atoparás toda a información necesaria para poder residir en España.
Se es unha persoa estranxeira dun país diferente aos mencionados no parágrafo anterior e queres vir estudar, traballar ou residir no noso país por primeira vez, a continuación, podes atopar toda a información principal sobre os requisitos, procedementos, condicións e trámites necesarios para poder adquirir a túa autorización. Ademais, se xa tes unha autorización, aquí podes atopar información sobre como renovala, prorrogala ou modificala.
Benvido/a a España.