Vivir no estranxeiro

As funcións de apoio e atención ás persoas que viven no estranxeiro encoméndanse á Dirección Xeral de Migracións e materialízanse nunha serie de prestacións económicas e axudas asistenciais, ademais de programas de subvencións para contribuír ao sostemento das asociacións e á acollida e protección das persoas maiores e dependentes. A máis, desde a Oficina Española do Retorno, ofrécese ao cidadán información xeral sobre o proceso do retorno e diríxese ao organismo da Administración competente no trámite ou na materia obxecto da consulta. A Dirección Xeral tamén asume tarefas de Secretaría do Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior, órgano consultivo que representa aos españois que viven no estranxeiro.