Reasentamiento e outros programas - Migracións
Reasentamento e outros programas
A Dirección Xeral de Atención Humanitaria e do Sistema de Acollida de Protección Internacional xestiona os seguintes programas especiais:
- Reubicación
As persoas solicitantes de protección internacional poderán participar voluntariamente no mecanismo de recolocación entre Estados Membros da Unión Europea.
Este programa permite xestionar fluxos de solicitantes desde os Estados Membros cunha maior presión migratoria, entre eles España cara a outros Estados Membros.
- Reasentamento
A Unión Europea aposta polo reasentamento como un dos piares da dimensión exterior da protección internacional e de solidariedade interestatal en colaboración con terceiros países. O Programa de Reasentamento ofrece a aquelas persoas que se atopan en necesidade de protección internacional e presentan condicións de maior vulnerabilidade en terceiros países ser trasladadas a un Estado Membro que poida garantirlles a protección requirida.
Os Programas Nacionais de Reasentamento (PNR) aprobáronse anualmente desde o ano 2010. Actualmente, o compromiso de España é reasentar a 1.200 solicitantes de asilo.
Vídeo sobre o programa de reasentamento
- Patrocinio comunitario
Desde o ano 2019 está en marcha o programa de Patrocinio Comunitario implementado por España como actuación complementaria ao Sistema de Acollida de Protección Internacional e Temporal. Este programa permite á cidadanía participar directamente no labor de acompañamento ás persoas solicitantes de asilo no seu proceso de integración para facilitar a inclusión e a cohesión social.
En España estanse a implantar iniciativas de Patrocinio Comunitario en tres Comunidades Autónomas (País Vasco, Comunidade Valenciana e Comunidade Foral de Navarra) dirixidas a persoas beneficiarias de protección internacional que foron trasladas a España no marco de programas de reasentamento.
- Acollida en familia
En 2022, foi asinada unha convención coa Fundación «la Caixa» , destinada a lanzar o «Proxecto de Acollida» , a fin de ampliar os recursos dispoñíbeis no sistema de acollemento á crise de desprazados provocada pola invasión da Ucraína, a través da creación dunha rede de familias dispostas a acoller nos seus lares familias refuxiadas desprazadas da Ucraína.
Ata a data máis de 300 familias en España acolleron nos seus fogares a persoas refuxiadas beneficiarias do SAPIT, deste e outros conflitos.
As persoas ou familias participantes contan durante a súa participación co apoio e seguimento dunha entidade de referencia. As acollidas, coas entidades colaboradoras do SAPIT que lles facilita as actuacións previstas para a fase de preparación á autonomía do sistema. As familias acolledoras, co apoio dunha entidade colaboradora da Fundación La Caixa que asume o papel de apoio, acompañamento e seguimento da intervención. A coordinación do programa lévase a cab desde o equipo da área de programas especiais da SGGPIAHSAPI.
As familias acolledoras, cos criterios de idoneidade determinados previamente pola DGAHSAPI para poder acoller a persoas e familias beneficiarias do Programa de acollida en familia, serán informadas, seleccionadas e validadas polas entidades colaboradoras de Fundación “la Caixa”.
Para máis información, se tes interese en participar como familia acolledora: