Integración

A nosa prioridade é acadar unha sociedade inclusiva nun marco de convivencia de identidades e culturas. Pretendemos promover o desenvolvemento de programas e proxectos que fomenten un ambiente social, cultural e laboral favorable para todos os membros da nosa sociedade.

As políticas de integración teñen como finalidade garantir a igualdade de trato e a non discriminación, fomentar o respecto á diversidade e a tolerancia e establecer estratexias que favorezan a inclusión das persoas migrantes na nosa sociedade.

Para iso, a Secretaría de Estado de Migracións a través da Dirección Xeral de Atención Humanitaria e Inclusión Social da Inmigración desenvolve políticas de integración a través dos seguintes proxectos, organizacións e foros que vos presentamos: